Publicador de contidos

Contido coa etiqueta vítimas mortais .

Publicador de contidos

Contido coa etiqueta vítimas mortais .

Vítimas Mortais

Un motorista falece nunha saída de vía no municipio de Bande

11/05/2024 20:07

Foi no quilómetro 45 da estrada OU-540 pouco antes das sete da tarde


Estado en que quedou o coche do investigado

Investigan o condutor do accidente de Gondomar en que morreu un motorista

11/05/2024 17:25

Dera negativo nas probas de alcol e drogas, pero pescudan se fixo un adiantamento non permitido na zona

O seu turismo e a moto da vítima bateran na medianoite do pasado 25 de abril na estrada PO-340


A inhalación de fume é a posible causa da morte dun home e dunha muller nunha casa incendiada en Casarrubios (Toledo)

09/05/2024 12:48

Tamén quedou afectado polo incendio outro home, de 45 anos, que podería ser un veciño e que foi trasladado a un centro sanitario


Vivenda en que foi atopado o corpo do menor e a súa nai malferida en Xaén (Europa Press).

Atopan morto un neno de 6 anos en Xaén xunto a súa nai ferida con cortes nos brazos

29/04/2024 10:41

A Policía Nacional traballa coa hipótese dun intento de suicidio da muller, que antes acabaría coa vida do seu fillo pequeno


Morre en Trasmiras un home atropelado accidentalmente polo seu fillo, que daba marcha atrás co coche

15/04/2024 08:49

A vítima foi alcanzada cando o turismo manobraba no patio dunha casa no lugar de Soutelo, segundo informaron os servizos de emerxencia


Dúas persoas morreron esta fin de semana nas estradas galegas

14/04/2024 13:59

Un home faleceu nunha saída de vía nunha estrada secundaria de Santa Comba

Un motorista morreu na Coruña ao caer do seu vehículo na terceira ronda


O coche que conducía a vítima

Morre un condutor nun accidente de tráfico no concello de Santa Comba

13/04/2024 23:14

Ocorreu preto das dez da noite do sábado na parroquia de Mallón


Falece un motorista de 40 anos na autovía de acceso sur á Coruña

13/04/2024 18:25

Ocorreu pouco antes das cinco da tarde no quilómetro 1,5 da AC-14, á altura do barrio de Elviña


Cesan o capitán do exercicio en que morreron dous militares en Cerro Muriano (Córdoba)

11/04/2024 08:39

As familias dos falecidos pediran á ministra de Defensa o cesamento dos oficiais procesados 


No último sinistro, o máis grave, morreron dous veciños de Curtis

Accidentes e sustos contínuos no treito da N-VI en Begonte, considerado o máis perigoso de España

10/04/2024 13:46

A simple vista semella ser unha estrada cun tráfico non moi complicado, pero, segundo un estudo

Precinto policial na vivenda en que apareceron os corpos da muller e dos seus dous fillos en El Prat de Llobregat (EFE / Quique García).

Un home mata a súa muller e os seus dous fillos de 8 anos e suicídase no Prat (Barcelona)

10/04/2024 08:00

Un xulgado de violencia machista investiga este caso en que non había denuncias previas de malos tratos

De confirmarse que se trata dun crime machista, serían sete os menores asasinados este ano en España por casos de violencia vicaria, cinco deles en Cataluña


Accidente mortal en Begonte

Falecen dous homes nun choque entre unha furgoneta e un camión en Begonte

09/04/2024 12:25

As vítimas, dous veciños de Curtis de 66 e 67 anos, tiveron que ser liberadas do interior do vehículo, que sufriu moitos danos no impacto


A metade das vítimas mortais de tráfico en Galicia no 2023 non levaba o cinto

07/04/2024 14:15

Nunha semana localizáronse 1.030 condutores que non tiñan posto este dispositivo de seguridade



O coche en que viaxaban os cinco mozos

Tres mozos morren e dous quedan feridos moi graves nun accidente en Leganés

06/04/2024 18:11

O vehículo en que viaxaban bateu contra unha furgoneta e un autobús


Reuters

Taiwán segue na procura de dezaseis desaparecidos tras o terremoto

05/04/2024 09:42

Os falecidos xa son 12, hai máis de 1.100 feridos e 671 persoas continúan atrapadas


Edificio colapsado en Hualien, Taiwán, logo do terremoto de 7,2 graos rexistrado na illa este mércores (Reuters)

Ascenden a 9 os mortos polo terremoto de Taiwán, que deixa máis de 100 réplicas

03/04/2024 08:02

Un tremor de terra de 7,2 sacudiu a costa leste da illa este mércores

Hai máis de 800 feridos e unha trintena de edificios derrubados

Rebeca, estudante galega en Taiwán: "As réplicas asustan máis ca o primeiro tremor"


Danos nun vehículo da ONG WCK tras o ataque do Exército israelí en que morreron sete dos seus traballadores (Omar Ashtawy / APA Images via ZUMA / DPA / Europa Press)

Netanyahu admite que Israel matou de forma "non intencionada" os 7 cooperantes da ONG de José Andrés

02/04/2024 14:10

O primeiro ministro reiterou que o suceso será investigado de forma exhaustiva, e defendeu que este tipo de cousas "suceden na guerra"


Compañeiros e persoal de emerxencias trasladan un dos corpos dos traballadores da ONG World Central Kitchen mortos en Gaza (Reuters)

Israel mata sete traballadores da ONG do chef José Andrés, cinco deles estranxeiros

02/04/2024 07:54

World Central Kitchen detén operacións en Gaza logo do "ataque das Forzas de Defensa de Israel"

Crese que son os primeiros traballadores humanitarios estranxeiros asasinados na guerra de Gaza 

Pedro Sánchez esixe a Israel que aclare deste "brutal ataque" 

O exército israelí informa nun comunicado de que está a realizar unha "revisión exhaustiva ao máis alto nivel para comprender as circunstancias deste tráxico incidente"


O coche implicado no atropelo

Unha muller de 48 anos morre atropelada de madrugada na circunvalación de Vigo

31/03/2024 08:51

A vítima transitaba por unha zona de escasa iluminación

O condutor deu negativo nas probas de alcol e drogas


Tráfico difunde imaxes de accidentes para pedir precaución na volta á casa

30/03/2024 19:15

O Venres Santo morreron cinco persoas en tres accidentes nas estradas españolas


Tres mortos ao bater un camión e turismo en Ágreda (Soria)

29/03/2024 13:43

O accidente produciuse no quilómetro 5 da estrada autonómica CL-101, tramo que permanece cortado


Deteñen a busca das vítimas de Baltimore tras atopar dous dos seis desaparecidos

28/03/2024 10:08

Os corpos apareceron dentro dunha camioneta baixo a auga

Son dous dos oito operarios que estaban a facer labores de reparación na ponte; outros dous foron rescatados con vida e os outros catro xa os dan por mortos

Suspendeuse a busca de máis sobreviventes

O mercante transportaba materiais químicos perigosos


O lugar do atropelo

Identifican o coche implicado no atropelo mortal ocorrido en Ourense

24/03/2024 09:53

Aconteceu pouco antes da medianoite na rúa Curros Enríquez

O vehículo abandonara o lugar tras o accidente 


Retencións nas grandes cidades no segundo día da operación Semana Santa

23/03/2024 09:29

Tres persoas faleceron en accidentes de tráfico na rede viaria española dende as tres da tarde do venres


Decretan a liberdade provisional do camioneiro que atropelou mortalmente seis persoas en Sevilla

22/03/2024 13:20

Imponse ao camioneiro a obrigación de comparecer os días 1 e 15 de cada mes no xulgado, a retirada do pasaporte e a prohibición de saír do territorio nacional


Seis mortos tras saltar un camión un control da Garda Civil en Sevilla

19/03/2024 08:43

Os falecidos son dous gardas civís que participaban nun control habitual contra o narco e catro civís procedentes de Cádiz que estaban parados no punto

O operativo formaba parte do Plan de Seguridade do Campo de Xibraltar

O transportista deu negativo en alcol e drogas e está investigado por seis delitos de homicidio por imprudencia e tres de lesións graves 

Tráfico apunta á somnolencia ou a outra distracción como a causa principal


Morre un bombeiro forestal en Cantabria e dáse por estabilizado o incendio de Castelló

18/03/2024 14:03

O incendio declarado na serra castellonenca de Espadán iniciouse nunha queima descontrolada e obrigou a confinar durante varias horas uns 300 veciños da localidade de Fanzara

Permanecen activos 3 dos 26 incendios forestais rexistrados nas últimas 48 horas en Cantabria


Os últimos ataques israelís sobre Gaza deixan polo menos 80 vítimas mortais

16/03/2024 09:20

A maioría das persoas falecidas nos bombardeos xudeus son mulleres e menores

O Exército hebreo asegura que matou unha trintena de milicianos nas últimas horas


O coche que conducía a vítima

Unha moza de 19 anos falece ao perder o control do seu coche en Ponteareas

10/03/2024 11:54

Sufriu unha saída de vía na estrada PO-254 á altura de Pías

A vítima, residente en Mondariz, ía xogar un partido de fútbol


Un pai e a súa filla morren ao bater o seu coche contra outro en Ames

03/03/2024 18:36

Foi á altura de Aldea Nova, na estrada AC-543 que une Santiago e Noia

Os dous ocupantes do outro vehículo quedaron feridos de gravidade


Imaxe do Helimer de Salvamento Marítimo

Un mozo falece na Coruña ao caer ao mar na zona das Amorosas

02/03/2024 09:17

Segundo declarou un amigo que acompañaba a vítima, caeu á auga dende as rochas


Conclúe a identificación das vítimas do incendio en Valencia

27/02/2024 20:41

O xuíz autoriza a entrada dos afectados nas súas vivendas


O lugar onde apareceu o cadáver. EFE/Javier Cebollada

Detida a nai do bebé de oito meses topado morto en Zaragoza

25/02/2024 18:26

SOS Desaparecidos activara este venres unha alerta para tratar de atopar a muller e o seu fillo


A xente que perdeu a casa no incendio acode ao minuto de silencio polas vítimas

24/02/2024 14:39

Máis dun cento de persoas están realoxadas en hoteis de Valencia

Contan con apoio psicosocial e xurídico, ademais das mostras de solidariedade cidadá


Morre o condutor dunha furgoneta nun accidente de tráfico en Mesía

24/02/2024 11:37

Una indisposición da vítima parece ser a causa do sinistro


Os bombardeos israelís suman máis de 29.600 vítimas mortais en Gaza

24/02/2024 10:13

Nas últimas 24 horas morreron 92 persoas, a maioría mulleres e menores


Unha muller deixa un ramo de flores ante o edificio incendiado. EFE/Ana Escobar

Minuto de silencio e flores na honra das dez vítimas do incendio de Valencia

24/02/2024 08:21

A cidade vive o seu segundo día de loito oficial tras o lume que calcinou un edificio de 138 vivendas

O número de cadáveres localizados coincide co de persoas desaparecidas, polo que non se agarda atopar máis vítimas


Falece un motorista de Boiro tras sufrir unha caída en Silleda

18/02/2024 13:21

Foi un particular o que avisou o 112 ao comprobar que o piloto apenas respiraba 


Dúas mulleres morren no incendio dunha residencia de maiores en Madrid

18/02/2024 11:42

Outra residente foi rescatada en estado crítico

Varias persoas foron ao hospital por inhalación de fume

Publicidade
Publicidade
— 40 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 40 de 129 resultados.